
O Concello de Nigrán súmase un ano máis á campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (o 2 de abril) a través da Fundación Menela, que xestiona en Priegue o Centro Castro Navás de atención a persoas con este trastorno. Así, a Casa do Concello iluminarase de azul na noite do domingo ao luns como decenas de edificios de todo o mundo, que expresan deste xeito a súa solidariedade coas persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias (esta campaña de sensibilización de carácter internacional promovida dende Autism Speaks é coñecida polas súas siglas en inglés LIUB).
«O lema deste goberno e o fin co que traballamos día a día é ‘Un Nigrán para todos’ porque precisamente cremos nun municipio 100% accesible dende o punto de vista cognitivo e funcional. Sumámonos encantados á celebración porque cremos nas campañas de concienciación á cidadanía e porque é o xeito de amosar o noso apoio ás persoas con este trastorno e as súas familias», sinalou o alcalde, Juan González.