Sin categoría

Mestura organiza a III Feira de Artesanía en beneficio de Bai.SenPulgas

A Asociación de Artesáns do Val Miñor, Mestura, organiza este fin de semana no Parador de Baiona a III Feira de Artesanía en beneficio da protectora de animais Bai.SenPulgas. O 70% dos fondos recadados coas inscricións por participar como vendedor irán destinados a este colectivo.

Os días 30 e 31 de marzo desde as 11:00 ata as 21:00 horas e o 1 de abril de 10:30 a 15:00 horas, poderanse adquirir no Salón Medieval do Parador produtos artesáns elaborados con coiro, téxtil, patchwork, xoiería macramé, ganchillo, torno de madeira, marquetería aplicada a complementos, cerámica, pirogravado en madeira, talla en pedra ou cestería.

Tamén contarán cun stand propio a cooperativa Artesáns&Kids do CPI Cova Terreña de Baiona e a propia protectora de animais Bai.SenPulgas, ambos cos seus propios produtos.