Anuncios
Ticker de novas

O PP denuncia o estado de abandono de moitas das zonas máis transitadas de Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // María José Pino.

O Partido Popular de Nigrán denuncia o estado de abandono de moitas das zonas máis transitadas de Nigrán a uns días de comezar Semana Santa. En concreto, María José Piñeiro, presidenta local, convida o alcalde socialista, Juan González, a darse un paseo desde Praia América ata Panxón.

“Que el mesmo comprobe in situ o lamentable estado do municipio. Parques biosaludables rotos con posibilidade de producirse algún incidente; pistas deportivas en estado pésimo; abandono da zonas axardinadas, tapas de imbornais parcialmente rotas e que presentan un evidente perigo para calquera transeúnte”, afirma.

María José declara que “todo isto é debido á xestión do equipo de goberno e esixe ao Concello que actúe o máis axiña posible. Sería oportuno que o alcalde Juan González deixase ao carón o seu habitual postureo no mundo virtual das redes sociais no que vive e fóra consciente da súa responsabilidade como alcalde, centrándose na xestión do municipio e na realidade do día a día da cidadanía”, indica nun comunicado a presidenta do Partido Popular.

Anuncios