Gondomar renova a súa colaboración coa asociación Proyecto Gato

O goberno Gondomar segue desenvolvendo actuacións encamiñadas a fomentar actividades, obras ou investimentos destinados á consecución de obxectivos de carácter social ou comunitario, ou que redunden no beneficio da colectividade de veciños e veciñas da localidade.

No marco desta filosofía, o goberno local, a través da súa Concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, acaba de renovar a súa colaboración anual coa Asociación Protectora Proyecto Gato. Así o alcalde, Paco Ferreira, subscribiu este martes o convenio de colaboración coa representante da citada organización, Fátima Lago, cunha dotación de 2.000 euros para o desempeño das súas actividades no municipio.