Castro e Ladeira organiza a II Festa dos Callos

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza o próximo fin de semana a II Festa dos Callos no Torreiro da Rúa José Pereira Troncoso. O atractivo do evento, que se celebrará o sábado 31 de marzo e o domingo 1 de abril baixo unha carpa desde as 10:00 da mañá ata a medianoite, serán os callos, pero para os que non lles apeteza haberá outras opcións.