Obradoiro de froita divertida na Praza de Abastos de Baiona

A Concellería de Comercio de Baiona organiza un obradoiro de froita divertida na Praza de Abastos de Baiona este martes 27 de marzo ás 11:00 horas. A actividade, impartida polo alumnado do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor VI promovido pola Mancomunidade de Concellos do Val Miñor e subvencionado con Fondos Europeos e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten como obxectivo estimular e animar aos pequenos e pequenas da casa para comer froita e mostrala como un produto atractivo visualmente ademais de dar a coñecer o saudable que é o seu consumo. Desde a Concellería anímase ás familias a que leven aos nenos e nenas á Praza para participar nesta divertida actividade que tamén serve para dinamizar o Mercado de Abastos da parroquia.