O Juan María inaugura o torneo Basket sen Barreiras do CB Nigrán

FOTO: CB NIGRÁN // Torneo Basket sen Barreiras.

O Club Baloncesto Nigrán inaugurou esta mañá a IV edición do seu torneo Basket sen Barreiras que organiza xunto á Federación Galega de Baloncesto e coa colaboración da Obra Social “laCaixa” no pavillón do colexio de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para que o Centro Juan María poida desenvolver varias das súas actividades programadas cos seus usuarios.

Precisamente foi o Juan María quen inaugurou este torneo e co que se viviu un dos momentos máis especiais. Durante toda a mañá usuarios do centro de Nigrán disputaron pequenos encontros cos mozos e mozas dos equipos federados do CB Nigrán. Unha xornada de verdadeira inclusión, compañeirismo e deporte moi satisfactoria para ambas as entidades.

Preto de 30 equipos de baloncesto de toda Galicia, entre os que se atopa o Obradoiro, daranse cita durante dous días no pavillón do colexio de Panxón.