Un burro vivo protagoniza por segundo ano en Gondomar a Procesión da Borriquiña

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Borriquiña.

Gondomar abriu este domingo a programación de actos e cultos relixiosos da Semana Santa coa celebración da Procesión da Borriquiña, que por segundo ano consecutivo, contou cun burro vivo. Tras a bendición de Ramos e Palmas na Praza da Alameda, comezou o percorrido ata a Igrexa Parroquial de San Bieito, onde se celebrou a Misa.

A programación continuará o mércores coa Celebración Penitencial e Eucaristía. Xa o xoves, tras a Celebración da Cea do Señor, terá lugar a Procesión dos Catro Pasos, e o venres a da Esperanza, ao finalizar a Celebración da Morte do Señor. O sábado celebrarase a Solemne Vixilia Pascual, e o domingo a Misa de Pascua e a Procesión do Encontro.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios