Teatro en Gondomar para financiar a excursión de fin de curso do IES Terra de Turonio

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado 24 de marzo ás 20:30 horas a actuación do grupo de teatro A Xesta Vermella de Borreiros coa obra cómica “Por culpa de Gayoso”. O prezo da entrada será de 3 euros (gratis para os menores de 10 anos) e o recadado será destinado como axuda ao financiamento da excursión de fin de curso do alumnado do IES Terra de Turonio.