Anuncios
Ticker de novas

Protesta en Baiona contra os despedimentos e os incumprimentos de Froiz

Hoxe tivo lugar unha nova mobilización de delegados/as do comité de empresa de Froiz na provincia de Pontevedra e da CIG-Servizos para denunciar os despedimentos e os incumprimentos do convenio colectivo por parte da empresa. Nesta ocasión, tras a protesta celebrada a semana pasada nun establecemento pontevedrés, desenvolveuse unha concentración diante dun supermercado de Baiona. As próximas mobilizacións están previstas para os vindeiros días 27 de marzo (na rúa Teixugueiras de Navia) e 6 de abril (Salvaterra do Miño) ás 11:30 horas.

Anuncios