Sin categoría

O preparador físico do Santiago Futsal fala sobre nutrición coa canteira do Baíña

O preparador físico do Santiago Futsal estivo o pasado venres en Baiona cos nenos do Baíña Fútbol Sala. A charla versou sobre os hábitos deportivos para os mozos deportistas e ademais de moita información sobre nutrición tamén achegou moitas ideas sobre hixiene, prevención de lesións e consellos para mellorar nos adestramentos. A charla contou coa colaboración do Concello de Baiona, Dorna Sport, Agua Sana e o Bar Baíña. Esta charla é a primeira das que o club está a organizar para conseguir unha formación integral dos seus deportistas e axudarlle para seguir mellorando.