As seleccións Española e Galega de Bolos viaxan esta tarde-noite a Montevideo (Uruguai), para participar no VIII Campionato Intercontinental de Bolos Celta que desde o día 23 de marzo ao 1 de abril celebrarase en Uruguai e Arxentina.
Os días 23, 24 e 25 de marzo na cancha de bolos do centro Valle Miñor de Montevideo (Uruguai) celebrarase a primeira fase do campionato nas súas modalidades individual, de parellas e de equipos.
A segunda fase celebrarase os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril nas canchas de bolos dos centros Cangas del Narcea (individual), Galicia (de parellas) e Valle Miñor (de equipos) de Bos Aires (Arxentina).
Os equipos españois regresarán a España o día 3 de abril.
As seleccións estarán formadas polos seguintes xogadores:
SELECCIÓN ESPAÑOLA
• Roberto Carlos Paz Misa do club de bolos San Cibrán de Gondomar (Pontevedra-Galicia).
• Adrián Rodríguez Barreiro do club de bolos Belesar Urgal de Baiona (Pontevedra-Galicia).
• Cristian José Rodríguez Baño do club de bolos Xove de Xove (Lugo-Galicia).
• David García Rodríguez do club de bolos La Panera de Cangas del Narcea (Asturias).
SELECCIÓN GALEGA
• Jairo Fernández Rodríguez do club de bolos Cean de Nigrán (Pontevedra-Galicia).
• Daniel Gómez Rodríguez do club de bolos Peitieiros de Gondomar (Pontevedra-Galicia).
• José Manuel Torres Nicolao do club de bolos San Cibrán de Gondomar (Pontevedra-Galicia).
• José Rodríguez Domínguez do club de bolos Mañufe de Gondomar (Pontevedra-Galicia).

