A Garda Civil de Pontevedra potenciará a vixilancia das estradas durante a Semana Santa

FOTO: GARDA CIVIL // Control da Garda Civil de Tráfico en Nigrán.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra intensificará a vixilancia das estradas da provincia durante a Semana Santa.

Para iso poñerá en marcha un dispositivo de prevención desde o próximo día 23 de marzo ata o dous de abril, cunha campaña especial de vixilancia sobre o consumo de alcol e drogas mediante a cal os axentes intensificasen os controis en calquera tipo de estradas, e a calquera condutor co obxectivo de disuadilos de conducir cando consumisen alcol ou drogas.

Os efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobarán que os condutores cumpran a normativa en canto refírese ao cumprimento dos límites legais creando a concienciación de que non soamente o alcol e a condución é un binomio perigoso, senón que tamén as drogas e a condución son en moitas ocasións sinónimo de morte.

A sanción por conducir con drogas ou alcol no organismo é de 1000 euros e 6 puntos menos no carné e que podería chegar a ser delito dependendo da sintomatoloxía ou se se ve involucrado nun accidente.

É importante resaltar a responsabilidade do condutor, á vez que debemos aumentar o noso compromiso coa seguridade de todos, que se manifesta cando se pon ao volante sen inxerir estas substancias, no entendemento de que a prevención de accidentes non está rifada coa diversión destas datas.

Dentro do mesma orde de actuacións reitérase, unha vez máis, a necesidade solidaria de que comuniquen a través dos teléfonos 112 ou do 062 calquera comportamento anómalo sobre a seguridade viaria, do que teñamos coñecemento, alertando ás patrullas en evitación de que se produza un desgraciado accidente.

Especial atención vai prestar aos numerosos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago aproveitando esta época festiva, tanto pé como en bicicleta.

GARDA CIVIL PEREGRINOS
FOTO: GARDA CIVIL // Un axente da Garda Civil xunto cunha parella de peregrinos.