Anuncios
Ticker de novas

Gran vitoria do Cereixa ante o Verín

Gran vitoria do Cereixa Gondomar FS que levantou un 0-2 ao descanso pasando por arriba dun equipo que chegaba moi crecido ao Municipal de Gondomar e que marchou sen carga nun longo camiño a casa.

E iso que os locais foron superiores na primeira metade con 7 ocasións de gol desbaratadas polo porteiro visitante e pola deusa fortuna que sorriu ao Verín. Un Verín que despois de tirar 3 veces a porta, foise en vantaxe ao descanso pola súa gran eficacia (0-2).

Na continuación saíron os de Gondomar a por todas e case na primeira xogada, o porteiro visitante vía a segunda amarela e íase á ducha deixando orfos aos seus xa que non había substitución… Xogador a vestirse de porteiro e a rezar para aguantar o resultado. Álex poñía o desconto e o Cereixa Gondomar FS espertaba do letargo (1-2).

“20 minuti in Gondomar sono molto lunghi” e así foi; o local levou por diante ao visitante que non parou de achicar auga no fondo. Gabriel Denis Vasconcellos empataba o partido co primeiro dos seus 4 goles (2-2) e Diego Rodríguez fusilaba de volea un córner desde a dereita (3-2). Por se non se viu, Edu Rodríguez Pérez repetiuno desde a esquerda e o local sacaba vantaxe (4-2).

A partir de aí non houbo partido, os locais dominaron o encontro e os goles de Gabriel Denis Vasconcellos empezaron a chegar para alcanzar o 6-2. Esteban Fernández Figueiras sumouse á festa e puxo o seu selo (7-2). Momento importante que daba a posibilidade de superar o gol average particular despois da derrota 6-1 en Verín. Gabriel Denis Vasconcellos novamente poñería a guinda ao pastel co último da súa conta particular (8-2).

O partido volveuse tenso e o visitante non encaixou ben a derrota. Un pelotazo con clara intención de agredir a Esteban desencadeou expulsións a ambos os dous lados e o partido foise consumindo ata o asubío final.

Vitoria e a preparar a difícil saída a casa do líder a próxima semana. Era importante gañar hoxe e máis aínda demostrar que cando os de Gondomar se enchufan pode pasar calquera cousa.

Anuncios