Asaltan unha casa en Vincios cun menor no interior e agriden ao seu avó na fuxida

FOTO: CRTVG // A casa de Vincios na que entraron os asaltantes.

A Garda Civil trata de localizar a dous asaltantes que na tarde deste xoves entraron a roubar nunha vivenda do barrio de Brandufe, na parroquia gondomareña de Vincios, cando o fillo mellor da familia atopábase no seu interior facendo os deberes.

Tras escoitar uns fortes ruídos, o rapaz alertou aos seus pais mediante unha mensaxe e baixou para ver o que sucedía, asomándose por unha xanela e alertando ao 112. O avó, que vive a escasos metros, achegouse e ao atoparse cos asaltantes enfrontouse a eles, resultando ferido. Conseguiron escapar golpeándolle cunha mochila na que levaban o botín.

Os asaltantes romperon unha xanela do cuarto da lavadora para entrar no interior da vivenda e fixéronse con todas as xoias e o diñeiro que había na casa. A familia presentou esta mañá unha denuncia ante a Garda Civil de Gondomar, que tenta localizalos. Ían coa cara descuberta e levaban luvas para non deixar pegadas.