Anuncios
Ticker de novas

Giro’s Baíña acode este fin de semana á fase previa do concurso nacional Anaprode

FOTO: GIRO'S

O Auditorio da Feira de Valladolid acolle os días 17 e 18 de marzo a fase previa do Concurso Nacional de Danza Anaprode, cuxa final se celebrará a primeiros de maio en Tarragona. Giro’s Baíña e Giro’s Matamá desprazaranse á cidade castelán leonesa con 32 nenas e 30 coreografías.

Giro’s Baíña preparou os ensaios en Matamá e na Casa da Comunidade de Montes de Baiona, xa que o Centro Cultural continúa pechado. As pequenas viaxarán acompañadas pola súa profesora, Laura Jurado, presidenta da Asociación de Veciños de Matamá, e Pili Rodríguez, presidenta do Centro Cultural de Baíña.

Anuncios