Fernández Leiceaga pecha o ciclo de faladoiros “Galicia 2017-2020: presente e futuros” no IEM

FOTO: PSDG-PSOE // Xoaquín Fernández Leiceaga.

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) presenta o cuarto e último faladoiro do ciclo «Galicia 2017-2020: presente e futuros», este venres 16 de marzo ás 20:30 horas, no que intervirá Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz parlamentario do PSdeG.

Nel tratarase a situación de Galicia respecto de problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais xa desenvolvidas nos anteriores faladoiros.

O acto, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10 baixo, Gondomar), será presentado por Xulián Maure Rivas, director do IEM, e moderado por David Reinero, xornalista de Praza Pública.

Anuncios