Anuncios
Ticker de novas

Couso mostrará o seu modelo de administración do monte nun seminario internacional en Segovia

A Comunidade de Montes de Couso foi convidada como relatora ao II Seminario Permanente sobre Conservación Comunal en España: As Áreas Conservadas por Comunidades Locais (ICCA), actividade encadrada dentro do Programa de Seminarios Permanentes del Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) .

Esta actividade que terá lugar os días 15, 16, 17 e 18 de marzo en Valsaín (Segovia) ten como obxectivo promover o coñecemento sobre o Rexistro Internacional de ICCA (Áreas Conservadas por Comunidades Locais) noutros países de Europa, traballar en rede con outras comunidades europeas e apoiar aos territorios comunais, os territorios indíxenas, por exemplo os dos Sami, que moran na Laponia que se estende por Noruega septentrional, Suecia, Finlandia e península de Kola, ao noroeste de Rusia. Hai aproximadamente 82.000 persoas. Non hai estatísticas oficiais para a súa poboación, pero estímase que preto de 50.000 viven en Noruega, 20.000 en Suecia, 10.000 en Finlandia e 2000 en Rusia e las ICCA de toda Europa.

Neste seminario internacional haberá sesións integramente en inglés sobre ICCA de Europa e Oriente Medio con representantes de ICCA de Irán, Inglaterra, Finlandia, etc., Onde tamén se falará do Rexistro Internacional de ICCA e a WDPA (Base de Datos Mundial de Áreas Protexidas). Contarase coa presenza como poñente de Heather Bingham de UNEP-WCMC (Nacións Unidas Medioambiente), entidade que xestiona ambos rexistros.

A xornada do sábado pola maña está reservada a experiencias exitosas en Galicia promovidas por diferentes Comunidades de Montes, concretamente: Teis (Vigo), Vilar (Triacastela), Laza (Cimadevila), Souteliño (Ourense) e Couso (Gondomar).

O relatorio da experiencia da parroquia gondomareña de Couso, correrá a cargo do seu Presidente, Xosé Antón Arauxo, e será ás 12:00 da mañá. Disertará sobre a transformación e modernización dos usos do Monte Comunal en Couso, e ao tempo permitirá a proxección no estado e no exterior, desde modelo tan singular de administración do monte que existe en Galicia. A Comunidade de Montes de Couso, tamén considera de grande importancia ensarillarse en redes estatais e internacionais, que traballen polos mesmos obxectivos.

Anuncios