Anuncios
Ticker de novas

II Torneo Iber-Champion League Tenis no Club Atobeira de Nigrán

O Club de Tenis Atobeira de Nigrán acollerá do 24 de marzo ao 1 de abril a II edición do Torneo Iber-Champion League Tenis. Consiste nun torneo de tenis por equipos, por eliminatoria, con cadro de 8 a 16 equipos. A categoría é absoluto masculino.

Os equipos serán formados por 2, 3 ou 4 tenistas, con licenza en vigor. Para crear o ránking dos equipos tomaranse os puntos do ránking nacional dos dous mellores de cada equipo e sumaranse. Eses serán os puntos do equipo e crearase un ránking para saber os cabezas de serie e colocalos no cadro. Haberá catro cabezas de serie.

As eliminatorias consistirán en tres partidos, un de dobres en formato breve, a dous set de 4 xogos e un terceiro a un tie break a 6 puntos, e dous partidos de individual en formato 2 set tie break e un terceiro a un super-tie-break. Cada partido sumará un punto para o equipo gañador e pasará rolda o que teña máis puntos. Haberá cadro de consolación.

O equipo gañador recibirá unha copa xunto cunha medalla para cada membro. Tamén haberá unha medalla para cada tenista do equipo finalista e para cada tenista do equipo finalista e campión da fase de consolación. Todos os participantes terán un obsequio dos patrocinadores.

As inscricións poderán realizarse ata o 20 de marzo a través do correo admin@muchotenis.com co nome do equipo, número de tenistas, número de licenza federativa, nome e apelidos de cada membro, un correo electrónico de contacto e un número de teléfono de contacto do capitán do equipo. Pódese contactar coa organización por WhatsApp no 608 454 487.

O prezo de inscrición é de 20 euros por equipo máis 5 euros por cada tenista do equipo. A inscrición abonarase por transferencia bancaria, indicando o nome do capitán, no número de conta ES23 2080 5016 0430 0029 6221. O xustificante de pago debe enviarse ao mesmo correo electrónico.

Anuncios