
O Concello de Nigrán informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para o Programa “Depo Aventura A Lanzada 2018” (campamentos da Lanzada), organizados pola Deputación de Pontevedra. O campamento incorpora actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao enriquecemento persoal dos/as participantes e lles facilita coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual. Está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2005 de 2010, ambos os dous incluídos. O período de inscrición remata o día 27 de marzo.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola Vía nº65, Panxón (antiga estación do tranvía). Teléfono 986 383081, correo electrónico: omixnigran@nigran.org.