Anuncios
Ticker de novas

Mesa informativa e recollida de sinaturas no Val Miñor para a ILP por un bosque autóctono

O Co-mando Ghichas, colectivo de acción e concienciación social no Val Miñor, súmase á campaña “Cousa de Raíces”. Poñerá unha mesa informativa sobre a mesma na que se recollerán sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a Defensa do Bosque Autóctono e contra os Incendios Forestais.

“Cousa de Raíces” é unha campaña que xorde por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA. Está aberta á participación de todas as persoas, entidades e colectivos dispostas a traballar baixo un mesmo obxectivo: defender o noso bosque a través do seu coñecemento e posta en valor. Preto de 50 entidades, empresas, colectivos culturais, asociacións ecoloxistas e investigador@s sumáronse xa a esta causa, que continúa recollendo apoios.

A mesa informativa estará colocada no parque da Ramallosa, o xoves día 15 de marzo de 17:00 a 20:00 horas. En caso de choiva, trasladarase á entrada do centro comercial da Ramallosa, na Rúa Romana Baixa.

O vindeiro mes de xuño remata o prazo para presentar no Parlamento galego un mínimo de 10.000 sinaturas.

Anuncios