Anuncios
Ticker de novas

Gondomar abre as inscricións para o VIII Campus Multideporte de Semana Santa

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A Concellería de Deportes de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, na súa continua aposta por fomentar o deporte na comarca organiza o Campus de Semana Santa para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos os días 26, 27 e 28 de marzo.

O Campus de Semana Santa é totalmente gratuíto e nel poderán anotarse todos os nenos e nenas que se acheguen polo Pavillón de Deportes ata o día 22 de marzo. A inscrición deberá facerse en horario de 18:00 a 20:00 horas ou ben a través do número de teléfono 608 748 393.

Tres días de actividades nas que 70 nenos e nenas contarán con monitores e material á súa disposición para aprender, xogar e sobre todo divertirse.

Anuncios