Anuncios
Ticker de novas

Novo curso de operador de carretillas elevadoras en Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, pon en marcha un segundo curso de operador/a de carretillas elevadoras ante a gran demanda de solicitudes recibidas, para así poder dar resposta a un maior número de mozos e mozas.

De todas as solicitudes recibidas ata o día 8 de marzo do 2018, farase unha selección para cubrir as prazas dos dous cursos. Un grupo de 15 persoas comezarán do 12 ao 27 de marzo e o outro grupo do 3 ao 18 de abril.

Todas as persoas que solicitaron por Rexistro do Concello participar nesta actividade serán chamados telefonicamente indicándolles se están admitidos ou non e para que data.

Anuncios