Inscricións abertas para a V Ruta Cabalar de Peitieiros

FOTO: PEPE COSTAS

O xoves día 29 de marzo celebrarase a V Ruta Cabalar de Peitieiros. O percorrido, de 20 km, comezará ás 9:30 da mañá desde o torreiro da festa, regresando ao mesmo lugar ás 14:30 horas. Ás 11:00 haberá uns petiscos na Capela de San Amaro e ás 15:00 horas gran churrascada. O prezo é de 15 euros por persoa (menores de 12 anos 10 euros). As inscricións poden realizarse ata o 25 de marzo no teléfono 607 537 239.