Vitoria do Laroca A no seu desprazamento a Cangas ante o Chigorin por 1.5 a 2.5, puntos conseguidos grazas as táboas de Tino, Fran e o xogador do Laroca C de segunda división Lino e a vitoria de Sergio. Con este resultado afiánzanse na parte alta da clasificación con 10.5 puntos.
Na segunda división derrota do Laroca B por 1.5-2.5 ante os guardeses do Albatros B, tantos acadados pola táboas de Patricio e a vitoria de Paco. Con este resultado os laroqueiros ocupan a novena posición. O outro representante, o Laroca C, impúxose por 3.5-0.5 ao Mos B, vitorias de Artai, Carlos e Antonio e táboas de Jorge. Con esta vitoria ascenden a segunda posición da clasificación.
Na terceira división dúas derrotas para os laroqueiros. O Laroca Mallón perdeu no seu desprazamento á Guarda ante o Albatros C por 3-1, tanto de Ricardo. Con este resultado ocupan a decima posición, mentres o Laroca IES Auga da Laxe perdeu na casa ante o líder da clasificación, o Xadrez Altamira, por 0.5-3.5, medio punto conseguido polas táboas de Ana. Con este resultado baixan do segundo posto ao cuarto da clasificación.
Por outra parte o domingo celebrouse no IES Auga da Laxe de Gondomar a segunda xornada da liga de cuarta división Pontevedra sur na que participaron 15 equipos repartidos en dous grupos clasificándose os dous primeiros de cada grupo.

