Anuncios
Ticker de novas

Un home, ferido ao bater o seu coche contra outro turismo e unha panadaría en Nigrán

Un home resultou ferido esta mañá en Nigrán ao colidir o turismo no que viaxaba con outro coche e, despois, contra unha panadería. Os feitos tiveron lugar na Avenida de Manuel Lemos, á altura do número 56, ao fío das 11:50 horas.

Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través dun particular. Indicaba no seu relato que había unha persoa que tiña dor no peito.

Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor e ao servizo de mantemento da estrada.

Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios trasladaron ao home ferido nunha ambulancia ata un centro hospitalario.

Anuncios