Nigrán informa sobre a inscrición nos Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe

FOTO: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA // Clausura dos Campamentos Príncipe Felipe 2017.

O Concello de Nigrán informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe para o ano 2018, organizados pola Deputación de Pontevedra. O campamento incorpora saídas ao medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas e obradoiros. Está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2004 de 2011, ambos os dous incluídos. O período de inscrición remata o día 23 de marzo.

Para mais información, as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola Vía nº65, Panxón (antiga estación do tranvía). Teléfono 986 383 081, correo electrónico: omixnigran@nigran.org.