Sin categoría

Inician unha recollida de firmas para solicitar un pediatra máis no Centro de Saúde de Gondomar

Conchi Chapela, veciña de Gondomar, iniciou este venres unha campaña de recollida de firmas a través da plataforma Change.org co obxectivo de solicitar ao Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia un pediatra máis para o Centro de Saúde do municipio. “O pediatra titular ten a cota máis que cuberta, tendo moitos nenos que ir ao centro da Xunqueira”, asegura. Gondomar conta cunha poboación infantil de máis de 2.200 nenos e o estipulado é que cada 800 haxa un pediatra. Pasadas 36 horas, a iniciativa conta xa con máis de 500 firmas.