Organizado polo Centro Valle Miñor de Montevideo e a Asociación Arxentina de Bolos, coa colaboración das Federacións Española e Galega de Bolos, entre os días 22 de marzo e 3 de abril, celebrarase en Sudamérica (Arxentina e Uruguai) o VIII Campionato Intercontinental de Bolos Celta.
A expedición española sairá do aeroporto de Peinador (Vigo) o día 21 de marzo regresando desde o aeroporto de Ezeiza (Bos Aires) o día 3 de abril.
Participarán os equipos e seleccións seguintes:
• Por Uruguai: o Centro Valle Miñor de Montevideo.
• Por Arxentina: a Asociación Arxentina de Bolos, que aglutina a equipos dos centros Valle Miñor, Cangas del Narcea e Galicia de Bos Aires.
• Por España: as seleccións Española e Galega de Bolos.
Durante os días 23, 24 e 25 de marzo a competición desenvolverase no Centro Valle Miñor de Montevideo (Uruguai). Durante os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril a competición terá lugar nos centros españois de Bos Aires anteriormente citados.
A selección Española estará formada polos seguintes xogadores:
• ROBERTO PAZ MISA, do club de Bolos San Cibrán de Gondomar (Pontevedra).
• ADRIÁN RODRÍGUEZ BARREIRO, do club de bolos Belesar Urgal de Baiona (Pontevedra).
• CRISTIAN J. RODRÍGUEZ BAÑO, do club de bolos Xove (Lugo).
• DAVID GARCÍA RODRÍGUEZ, do club de bolos La Panera de Cangas del Narcea (Asturias).
A selección Galega polos xogadores:
• JAIRO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, do club de Bolos Ceán de Nigrán (Pontevedra).
• DANIEL GÓMEZ RODRÍGUEZ, do club de Bolos Peitieiros de Gondomar (Pontevedra).
• JOSE MANUEL TORRES RODRÍGUEZ, do club de bolos San Cibrán de Gondomar (Pontevedra).
• JOSE RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ, do club de bolos Mañufe de Gondomar (Pontevedra).
Ademais da competición deportiva en si, esta viaxe, que dá continuidade a outros campionatos intercontinentais celebrados a ambos os dous lados do Atlántico, trata de unir lazos de amizade e confraternidade entre Galicia e os centros galegos no exterior, aos que os emigrantes, sobre todo do Val Miñor, levaron o xogo de bolos, sendo a súa primeira actividade no exterior (Montevideo e Bos Aires) a construción dunha cancha de birlos para practicar este deporte milenario.

