Anuncios
Ticker de novas

Mar de Ons cancela o servizo de transporte marítimo da Festa da Arribada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A navieira Mar de Ons informa que debido ás malas condicións meteorolóxicas previstas para este fin de semana cancélanse os servizos de transporte marítimo con motivo da Festa da Arribada, os días 3 e 4 de marzo, dende os portos de Vigo, Cangas e Panxón.

Polo contrario, o servizo regular de transporte marítimo entre Vigo e Cangas poderase desenvolver con normalidade.

Para máis información hai que chamar ao 986 22 52 72. Desde a navieira lamentan as molestias ocasionadas.

Anuncios