Ofrecen 1.000 € de recompensa para identificar ao responsable de queimar a Olaf

FOTO: BAI.SENPULGAS // Olaf.

Búscase ao responsable de queimar a un gato vivo o pasado domingo en Baiona. Ofrecen 1.000 euros de recompensa para quen achegue datos ou información que permita identificalo. Para iso está dispoñible o correo electrónico protectora.baisenpulgas@gmail.com.

Chámase Olaf e apareceu carbonizado, atopado por unha veciña da zona do Pino Manso. Está ingresado no veterinario e está grave. A protectora de animais Bai.senpulgas informaba que “non sabemos se sairá adiante pero imos tentar absolutamente todo”.

Por agora quédalle unha longa estancia no veterinario e varias cirurxías que hai que facer segundo se lle vaia caendo a pel. Está sedado e cos mellores coidados, pero a protectora necesita axuda para pagar o veterinario.

Todos aqueles que queiran colaborar con Olaf poden facer a súa achega no número de conta ES30 2080 5015 6130 4002 8917 Abanca.

https://www.teaming.net/asociacionprotectorabaisenpulgas