Anuncios
Ticker de novas

Fernando García de Cortázar falará do “Canto a unha España Americana” en Baiona

Este xoves 1 de marzo finaliza o VI Ciclo de Conferencias “Pueblos Colombinos de España”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona con motivo do 525 aniversario da Arribada da Carabela Pinta. O Parador Conde de Gondomar acolle as charlas, ás 19:30 horas, no Salón Medieval Monterreal.

Fernando García de Cortázar, falará do “Canto a unha España Americana”. O último relator é catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Deusto e director da Fundación Vocento. Foi condecorado coa Orde do mérito Constitucional de España e a Orde das Palmas Académicas de Francia. Escribiu máis de setenta libros, conseguindo popularizar a Historia de España mediante a prensa, o cómic e as series de televisión por el dirixidas, como a exitosa “Memoria de España”, o programa cultural de maior audiencia de toda a historia da televisión española.

“Tu rostro con la marca”, a súa primeira obra de ficción, foi galardoada co Premio Novela Histórica Alfonso X el Sabio. Da súa “Breve Historia de España” díxose que é o best seller máis importante da historiografía española nos últimos anos. Despois do seu éxito coa súa primeira novela insistiu no xénero e en maio de 2016 ve a luz a súa novela “Alguien heló tus labios”.

Anuncios