Chámase Olaf e apareceu en Baiona, carbonizado. Foi o domingo pola tarde. Está ingresado no veterinario e está grave. A protectora de animais Bai.senpulgas informa que “non sabemos se sairá adiante pero imos tentar absolutamente todo”.
Ademais, piden a colaboración cidadá para localizar ao responsable, no caso de que o houbese. “Se sabes como se puido facer isto o gato ou quen llo fixo, por favor, chámanos, non imos dar datos de ninguén, pero o responsable, se foi alguén, ten que pagar por iso”.
Por agora quédalle unha longa estancia no veterinario e varias cirurxías que hai que facer segundo se lle vaia caendo a pel. Está sedado e cos mellores coidados, pero a protectora necesita axuda para pagar o veterinario.
Todos aqueles que queiran colaborar con Olaf poden facer a súa achega no número de conta ES30 2080 5015 6130 4002 8917 Abanca.

