Anuncios
Ticker de novas

Juan Eslava Galán abre as conferencias da Arribada cos segredos de Colón

Este martes día 27 de febreiro comeza o VI Ciclo de Conferencias “Pueblos Colombinos de España”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona con motivo do 525 aniversario da Arribada da Carabela Pinta. O Parador Conde de Gondomar acollerá as charlas, ás 19:30 horas, no Salón Medieval Monterreal.

O Doutor en Historia e Premio Planeta Juan Eslava Galán será o encargado de abrir o ciclo de conferencias co seu relatorio sobre “Os Segredos de Colón”. Eslava Galán é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Granada e doutor en Letras cunha tese sobre historia medieval. Ampliou estudos no Reino Unido e foi alumno e profesor asistente na Universidade de Ashton (Birmingham). Foi profesor de bacharelato durante trinta anos, unha labor que compaxinou coa escritura de novelas e ensaios de temas históricos. Gañou os premios Plante (1987), Ateneo de Sevilla (1991), Fernando Lara (1998) e Primavera (2015). Entre os seus ensaios cabe destacar “Historia de España contada para escépticos” e “El enigma de Colón y los descubrimentos de América” (1992). Esta última obra sitúase na lista dos quince mellores libros sobre Cristóbal Colón.

Cal foi a súa verdadeira patria? En que probas baséanse os investigadores que o fan galego, catalán ou balear? Se naceu en Xénova, como se explica que coñecese imperfectamente o italiano? Soubo da existencia de América por un náufrago?, estas son algunhas das cuestións que o Doutor en Historia desvelará en Baiona.

Anuncios