Exposición de Traxes Medievais no Liceo Marítimo de Baiona

FOTO: LICEO MARÍTIMO DE BAIONA

O Liceo Marítimo de Baiona, como cada ano, quere facer a súa achega á Festa da Arribada, organizando no seu salón a Exposición de Traxes Medievais, ao que se suma nesta edición a exposición de carteis das Arribadas anteriores.

O vindeiro xoves día 1, o Liceo Marítimo presentará a súa III Exposición de Traxes Medievais e cartelería de todas as Arribadas ás 18:00 horas. Nesta mostra participan as deseñadoras de Baiona Teresa Rodríguez Penedo, Malúa e Deseños Mariluz, que amablemente cederon os seus traxes para a exposición. Da decoración da mesma encargouse Francisco González.

Anuncios