Anuncios
Ticker de novas

Xornadas de portas abertas na Escola de Educación Infantil As Dunas de Panxón

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Escola de Educación Infantil As Dunas de Panxón.

A Escola de Educación Infantil As Dunas de Panxón-Nigrán organiza unhas xornadas de portas abertas. Serán este luns 26 de febreiro de 10:30 a 11:30 e o martes 27 de 16:00 a 17:00.

Os servizos que ofrece a escola son escolarización de 3 a 6 anos; 3 liñas de transporte; xornada lectiva de 8:45 a 13:45 horas; comedor subvencionado con comida de elaboración propia en horario de 13:45 a 14:30 (traslado en autobús a cargo do centro) con servizo de coidadora ata as 16:00 horas; linguas de aprendizaxe: galego e castelán, inglés desde os tres anos en horario escolar e extraescolar; departamento de orientación con persoal especializado; biblioteca escolar con dinamización lectora, contacontos, recantos de informática, de libros para adultos e de experimentación e creatividade; actividades extraescolares polas tardes propostas pola ANPA; e pizarras dixitais e ordenadores en todas as aulas.

A súa finalidade é proporcionar unha educación experimental, creativa e vivencial. Pedagóxicamente baséase na metodoloxía de aprendizaxe Montessori (desenvolvendo no neno a independencia, a liberdade con límites, respectando a psicoloxía natural e o desenvolvemento físico e social do neno), nas Matemáticas ABN (fomentando o cálculo mental a través da utilización de materiais e obxectos cotiáns como botóns, pinzas da roupa, escarvadentes, chans de goma numerados de 0 ao 9…), nas dinámicas de Waldorf (dando a mesma importancia aos contidos como aos procesos para chegar) e o seu traballo é por Proxectos (proporcionando motivación nos alumnos para aprender, desenvolvendo a súa autonomía, reforzando as súas capacidades sociais mediante o intercambio de ideas e a colaboración promovendo a creatividade, fomentando o traballo cooperativo e atendendo á diversidade), e sempre nun ambiente lúdico de afecto e confianza.

Desde este curso están a introducir a Robótica nas aulas, como ferramenta lúdica para a aprendizaxe.

Anuncios