Anuncios
Ticker de novas

Curso de operador de carretillas elevadoras en Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, oferta á mocidade a posibilidade de ampliar as súas opcións laborais cun curso de operador/a de carretillas elevadoras. O obxectivo é capacitar aos asistentes no seu manexo, formar na prevención de danos e degradacións do material transportado e transmitir un conxunto de boas prácticas. O curso terá unha duración de 30 horas, das cales 20 serán prácticas.

Os interesados nesta formación terán que inscribirse cubrindo a documentación do 26 de febreiro ao 8 de marzo e entregala no rexistro do Concello de Gondomar. O curso realizarase do 12 ao 27 de marzo en horario de tarde. Para máis información chamar á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no 986 369 746.

Anuncios