Anuncios
Ticker de novas

O Baíña FS recibe ao Valladares

O vindeiro domingo ás 16:15 horas o Baíña FS recibe no Municipal de Baiona ao Valladares, partido correspondente á xornada 22 da liga galega. Os baioneses recuperan a Javi Gómez e Carlos Pachón despois de tres semanas de baixa.

No descanso do partido o club organiza o xa tradicional concurso de puntería con algún detalle para os participantes.

Así mesmo cabe descartar a convocatoria para adestrar do porteiro Pedro Grandal coa selección galega sub-19. Pedro é aínda xuvenil pero esta campaña xa compite na liga sénior, polo que esta convocatoria é un premio para un xogador da canteira que xa o ano pasado defendeu a camiseta da selección galega no campionato de España sub-16.

Ademais do partido do sénior xogan o resto de categorías do Baíña, máis de 10 equipos que xogarán ao longo da mañá do sábado e do domingo.

Anuncios