Anuncios
Ticker de novas

Gondomar contratará a 20 veciños en paro a través do Plan Concellos

O Concello de Gondomar creará este ano a través da liña 3 do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra 20 postos de traballo temporal. O organismo provincial achegará 218.552,34 € para contratar 13 peóns de obras públicas, 2 condutores, 1 electricista, 1 ferreiro, 1 auxiliar administrativo, 1 conserxe e 1 técnico de turismo.

A duración dos contratos será ata fin de ano e o salario mensual corresponderá co establecido no convenio colectivo do municipio para cada categoría. Os candidatos serán seleccionados a través da Oficina de Emprego de Baiona seguindo as bases que establece a Deputación. Terán prioridade os colectivos máis desfavorecidos como vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, mulleres, familias monoparentais, etc.

Anuncios