Anuncios
Ticker de novas

Cuarta xornada da liga galega de xadrez para o Club Laroca

Este sábado celébrase a cuarta xornada da liga galega de xadrez. Na primeira división o Laroca A enfrontarase na sede de Cotros a partires das 17 horas ao conxunto vigués do Villa de Bouzas, equipo que supera en 1.5 puntos aos miñoráns, ocupando a sexta posición pola novena dos nigraneses.

Na segunda división xornada complicada para os laroqueiros. O Laroca B enfróntase en Nigrán ao Club Xadrez Mos A, equipo que ocupa a cuarta posición pola novena dos laroqueiros, mentres que o Laroca C desprázase a Vilagarcía para enfrontarse ao líder do grupo E, CXF-Deportes Rodas.

Na terceira división no grupo K hai un dobre enfrontamento entre o equipo ponteareán do Ramiro Sabell, o Laroca Mallón enfrontarase en Nigrán ao Movialia e o Laroca IES Auga da Laxe ao Centro Artístico Sportivo.

Por outra parte o domingo dende as catro da tarde celebrarase no IES Auga da Laxe de Gondomar a primeira xornada da liga de cuarta división grupo sur de Pontevedra, na que se enfrontaranse 12 equipos, repartidos en dous grupos, nos que se clasificarán para a fase final os dous primeiros de cada grupo.

Anuncios