Sin categoría

A corporación de Nigrán reclama formalmente a supresión das peaxes na Autoestrada do Val Miñor

A corporación de Nigrán aprobou no pleno deste xoves unha declaración institucional na que se pide á Xunta a supresión das peaxes da Autoestrada do Val Miñor (AG-57), un feito que consideran «de xustiza» porque é a forma máis directa e áxil de chegar a servizos claves como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo ou Peinador; impide que funcione como unha circunvalación dos tres concellos; resta competitividade a Porto do Molle ou non canaliza o tráfico de mercadorías coa conseguinte perda de seguridade viaria que leva aparellado.