Anuncios
Ticker de novas

UGT denuncia que a situación laboral no Concello de Baiona é insustentable

O sindicato UGT denuncia que no día de onte por parte do Alcalde e da concelleira de persoal tiveron cos traballadores dalgúns departamentos municipais, reunións clandestinas sobre a RPT sen representación das organizacións sindicais, para contar soamente a súa versión, dicíndolle que asinen un papel mostrando o seu apoio. Desde este sindicato retan ao alcalde para ter unha asemblea cos representantes sindicais de UGT e con grupos de traballadores diante para tratar este tema.

“É un engano ao grupo de traballadores, que non imos pasar por ningunha amortización de postos de traballo, nin por aprobar este borrador que é contrario a dereito ao realizalo valorando nomes e apelidos no canto de postos de traballo. Avisamos unha vez máis que tal como está, denunciarase nos tribunais e supoñería un aumento salarial a maiores dos 300.000 euros, de 150.000 euros”, aseguran desde a organización sindical.

UGT denunciará ante a fiscalía nos próximos días a política do Alcalde e da concelleira de persoal en materia de persoal, “porque peor e máis neglixente non pode ser, deixando de lado ás organizacións sindicais, ocultando documentación en materia laboral do persoal e non convocando aos representantes para negociar entre outras materias os cuadrantes de xornadas de traballo de moitos departamentos”.

O sindicato aproveita para denunciar que o conflito laboral non só existe con algúns integrantes da policía local, senón con moitos traballadores que se están vendo obrigados a realizar denuncias nos xulgados tanto do social como do contencioso administrativo de Vigo durante xa anos, co agravante que este sindicato estima que no ano 2017 -2018 vai custar ás arcas municipais máis de 150.000 euros en indemnizacións que saen dos petos dos baioneses/as.

Anuncios