Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil incáutase dunha partida de bolsos falsificados en Nigrán

Efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, incautáronse onte de máis de medio centenar de bolsos, supostamente falsificados, nun control selectivo de vehículos que estaban a realizar en Nigrán.

Nesta ocasión, o vehículo tamén era conducido por un cidadán de nacionalidade senegalesa e no seu interior transportaba dúas bolsas grandes de plástico que contiñan 60 bolsos con etiquetas supostamente falsificadas de acreditadas marcas rexistradas.

Ao carecer das correspondentes facturas de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, procedeuse á incautación dos bolsos, cuxo valor no mercado pode alcanzar os 6.000 euros.

O condutor foi investigado penalmente como suposto autor dun delito contra a propiedade industrial e as dilixencias entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Vigo.

Anuncios