Os Centros Culturais de Borreiros e Vincios celebran o Entroido

A Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros e a Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios celebran este sábado 22 de febreiro o Entroido.

No Centro Cultural de Borreiros haberá desde as 17:30 horas animación para os nenos e nenas e concurso de disfraces con agasallos ao máis orixinal, o máis divertido e o made in feito na casa. Non faltarán os doces típicos destas datas e chocolate.

No Centro Cultural de Vincios, o Entroido comezará para os máis pequenos con animación a cargo de Cóxegas de 17:00 a 20:30 horas. A partir das 23:30 horas será a quenda dos maiores, con animación a cargo de DJ Marcos 2020 con música variada e premios para os mellores disfraces.

Anuncios