Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Nigrán celebra este sábado un baile especial de Entroido para os maiores

O Concello de Nigrán celebra este sábado 17 de febreiro un baile especial de Entroido para a terceira idade dende as 18:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán con música en directo a cargo do Tría Armonía e chocolate quente con orellas para todos. A entrada é de balde e dende o Concello se anima aos maiores a que acudan disfrazados para desfrutar máis dunha tarde de festa e convivencia que conxuga socialización, actividade física e, en definitiva, maior benestar en xeral.

A programación de Entroido finaliza o sábado 24 en Nigrán co tradicional enterro do “Kiko” que, este ano, volverá a partir ás 18:00 horas dende o Concello ata a parroquia de Parada tirado por un carro de bois. Dende as 19:00 será velado na praza da Igrexa. Trátase dunha actividade cultural organizada xunto ao Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, artífice desta tradición.

Anuncios