Anuncios
Ticker de novas

Desarticulada unha rede de distribución de cocaína e haxix en Baiona, Redondela e Vigo

A Garda Civil, no marco da Operación PENCO, desmantelou nas localidades de Baiona, Redondela e Vigo (Pontevedra) un grupo criminal dedicado á distribución de cocaína e haxix na Comunidade Galega e no norte de Portugal.

Na operación detívose a 10 persoas e realizáronse oito rexistros nas localidades de Baiona, Redondela e Vigo, seis en domicilios, un nun garaxe e outro nun local.

Igualmente, interviñéronse 4.000 gramos de cocaína e 40.000 gramos de haxix, 87.600 euros en efectivo, e incautáronse útiles e medios utilizados para a actividade delituosa, entre eles 8 vehículos.

As investigacións iniciáronse o pasado ano, ao ter coñecemento os axentes da distribución, por parte dun grupo asentado na provincia de Pontevedra, de importantes cantidades de distintas drogas, efectuando o pasado agosto a detención no Porriño dunha muller de 32 anos de idade, de nacionalidade paraguaia, residente en Ourense, que portaba no interior do seu vehículo medio quilogramo de cocaína que acababa de adquirir ao grupo criminal investigado.

Para o desenvolvemento das súas actividades ilícitas, a organización contaba con diferentes inmobles, garaxes, locais etc., para a manipulación e ocultación do estupefaciente, así como varios vehículos aos que practicaran dobres fondos ou caletas, o que facilitaba a ocultación da droga nos desprazamentos que realizaban para a súa distribución.

Continuando coas investigacións, os axentes interceptaron na localidade de Tomiño dous vehículos. O primeiro deles actuaba de vehículo lanzadeira, realizando funcións de contra-vixilancia, co obxecto de asegurar o transporte da droga e evitar así calquera acción policial. O segundo dos vehículos transportaba oculto no seu interior 3.500 gramos de cocaína, que era transportada desde Portugal para a súa posterior distribución na Comunidade de Galicia.

Con esta operación a Garda Civil dá por desmantelado un activo grupo criminal delicado ao tráfico de drogas a mediana escala que actuaba na Comunidade galega e norte de Portugal.

Detidos e rexistros:
Localidade de CHAPELA, municipio de REDONDELA (Pontevedra).
Detido A.P.M, Home de nacionalidade española, de 41 anos de idade.
Un rexistro domiciliario.
Localidade de CANGAS (Pontevedra).
Detida A.C.A., muller de nacionalidade española, de 28 anos de idade.
Localidade de VIGO (Pontevedra).
Tres detidos e un investigado, todos eles de nacionalidade española, Detidos: I.P.A., home, de 39 anos de idade. J.C.R., home de 43 anos de idade. J. F. L.G., home de 53 anos de idade. Investigada: M.E.A.S Muller 51 anos de idade.
Catro rexistros en domicilios, garaxes e locais.
Localidade de BAIONA (Pontevedra)
Dous detidos, ambos de nacionalidade española. M.C.G., home, de 28 anos de idade e M.C.G., muller de 25 anos de idade.
Un rexistro domiciliario e nun garaxe.
Localidade de TOMIÑO (Pontevedra)
Dous detidos, ambos os homes de nacionalidade española. E.L.P., de 40 anos de idade e M.E.G.G., de 28 anos de idade.
Localidade O Porriño (Pontevedra)
Detida S.R.A.A., muller de nacionalidade paraguaia, de 32 anos de idade.

A operación, dirixida polo Xulgado de Instrución núm. 4 de Vigo e polo Fiscal Antidroga de Pontevedra, foi levada a cabo polo Equipo Contra o Crime Organizado (ECO), da Unidade Central Operativa da Garda Civil con sede en Pontevedra, coa colaboración da Policía Judiciaria do Porto (Portugal) e outras Unidades da Garda Civil.

Anuncios