Anuncios
Ticker de novas

Baiona celebra este domingo o desfile de comparsas e o enterro da sardiña

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Desfile de Comparsas en Baiona.

As persistentes choivas caídas desde o martes propiciaron que o Concello de Baiona vísese obrigado a trasladar a súa programación de Entroido ao domingo.

Por iso, veciños e visitantes gozarán o 18 de febreiro do desfile de comparsas no que participarán máis de 900 integrantes de 17 comparsas inscritas de Baiona, Nigrán Gondomar, Vigo, Salceda de Caselas e Tomiño, que sairán ás 17:00 horas desde a Avenida Urbana de Sabarís e percorrerán as rúas Santa Marta, Monterreal e Elduayen para terminar na Alameda Carabela Pinta.

Os actos continuarán seguidamente, sobre as 19:30 horas, co enterro da sardiña, que partirá da Alameda Carabela Pinta para facer un percorrido polas rúas Ventura Misa e Elduayen ata a praia Ribeira, onde terá lugar o enterro. Todo iso acompañado pola música da Charanga Nova Cubana.

Unha vez realizado o enterro e, tras a deliberación do xurado, farase entrega dos premios ás comparsas gañadoras na Alameda Carabela Pinta. A comparsa que gañe o 1º premio recibirá 900€, a 2ª 650€ e a 3ª 500€. Tamén haberá axudas para o resto de comparsas que participen no desfile.

Desde o Concello infórmase de que o acceso ao centro da Vila estará cortado ao tráfico entre as 17:00 e as 20:00 horas desde a Avda. Monterreal ata o acceso da Rúa Tomás Mirabell (Glorieta do Villa Rosa).

Anuncios