Anuncios
Ticker de novas

CaixaBank abre unha nova oficina en Baiona máis ampla e dotada das últimas tecnoloxías

CaixaBank renovou a súa oficina en Baiona. A entidade abriu unha nova sucursal nesta localidade do Val Miñor co obxectivo de mellorar as prestacións que ofrece aos seus clientes nesta zona. A nova oficina, situada do mesmo xeito que a anterior na avenida Elduayen, amplía a súa superficie e elimina as barreiras físicas co obxectivo de mellorar a transparencia na relación entre o cliente e o empregado, aumentando a proximidade entre ambos.

Con esta nova oficina, CaixaBank aspira a reforzar o vínculo e a proximidade cos seus clientes nesta comarca -na que conta cun total de catro oficinas-, a través dun modelo que fomenta a innovación, a transparencia e a proximidade.

A renovación da oficina incluíu tamén a instalación dun caixeiro que incorpora as últimas tecnoloxías dispoñibles, como a lectura contactless de tarxetas, móbiles e dispositivos wearable compatibles, o recoñecemento automático de billetes ou o uso de unidades recicladoras de billetes.

Unha ampla rede comercial ao servizo dos clientes

CaixaBank é a entidade líder en banca retail en España, cunha cota de penetración de clientes particulares como entidade principal do 26,7%. O banco presidido por Jordi Gual, e cuxo conselleiro delegado é Gonzalo Gortázar, ten preto de 16 millóns de clientes no mercado ibérico e 5.397 oficinas, a maior rede comercial da península. En Galicia, a entidade conta con 192 oficinas.

CaixaBank foi elixido Best Bank in Spain 2017 (Mellor Banco en España) por parte da publicación británica Euromoney, por cuarta ocasión consecutiva. Este ano, Euromoney tamén premiou a CaixaBank, por terceira vez consecutiva, como mellor entidade de banca privada en España. Doutra banda, a revista neoyorkina Global Finance galardoou a CaixaBank como Mellor Banco en España (Best Bank in Spain 2017).

Anuncios