Anuncios
Ticker de novas

Festa Infantil no Auditorio Lois Tobío

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar continúa este martes 13 de febreiro coa programación de Entroido cunha Festa Infantil no Auditorio Lois Tobío, desde as 17:00 ata as 20:00 horas, con espectáculo de animación musical e desfile de disfraces infantil. Tamén actuará a Asociación de Danza Contemporánea de Gondomar e haberá obradoiros no vestíbulo e no corredor lateral, un deles de creación de chapas.

Anuncios