Anuncios
Ticker de novas

Abertas as reservas para asistir á Gran Cea Medieval de Aceba

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Cea Medieval de Aceba.

Achégase a celebración da Festa da Arribada e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona organiza un ano máis a Gran Cea Medieval, que se celebrará o día 24 de febreiro a partir das 22:00 horas no Parador de Baiona.

Todos aqueles aos que lles apeteza gozar dunha noite ambientada na época, con espectáculos teatrais e menú medieval, poden solicitar máis información na oficina de Aceba (Rúa Ramón y Cajal Nº 9 baixo) ou chamando ao teléfono 986 355 029.

Anuncios